Quen non quixo ter algunha vez unha cámara Polaroid nas súas mans?

O certo é que levo un tempo na procura dunha delas e cargas de película suficientes para preparar un pequeno traballo, pero polo de agora non a dei conseguido. Con todo, grazas aos avances da tecnoloxía puiden probar este domingo un novo xoguete. A xenerosidade do meu cuñado, que me deixou durante toda unha tarde o seu teléfono móbil, unha aplicación que simula o efecto deste tipo de película, e coma sempre, moitas ganas de fotografar, fixeron posible que fose configurando o bosquexo do que algún día será un novo proxecto. Xa sabedes, outro de tantos…