In the still of the night – Cole Porter
Agosto de mil novecentos corenta e oito.
Unha vaga de calor abafa a cidade de Nova York.
As ondas de radio penetran na escuridade levando consigo melodías de jazz.
Así comeza a historia que nos conta o ilustrador Pascal Blanchet no cómic Nocturno, publicado por BARBARA FIORE EDITORA. Un relato de seres solitarios que loitan contra os seus temores durante ese tempo no que as tebras se apoderan de todo e o mal semella axexar en cada recuncho.
Un libro que lle rende homenaxe á arquitectura, o deseño e a música de mediados do século XX.
Para aqueles que lle teñen medo á noite…