A editorial Fotoxoguete presenta a súa nova colección dezxquince.
Está formada por libros que constan de doce páxinas interiores nas que cada autor configura un pequeno traballo a modo de conto ou poema visual. A tirada das primeiras edicións será de cen exemplares numerados. O primeiro número presenta o traballo Elviña, da fotógrafa Raquel Castro.
Para máis información podedes visitar a páxina da editorial Fotoxoguete.