Tiven estes días a posibilidade de observar parte do traballo de Bernard Plossu, ese gran fotógrafo francés, viaxeiro incansable, que atrapa coa súa cámara a esencia das cousas que nos rodean. Adentrarse no seu mundo supón deixarse levar por unha morea de sensacións. A fotografía coma un espazo para reflexionar sobre a existencia.
Un luxo para os sentidos.