Logo dun tempo no que fun incapaz de atopar este libro entre as miñas cousas, decidín comprar un novo exemplar para recuperar as boas sensacións que tiven cando o lin por primeira vez.

Esta bitácora do pensamento, mostra de escritura transversal na que conflúen poesía e narrativa, entronca co modus operandi do fotógrafo. Porque ao final, un fotógrafo non deixa de ser un cazador de instantes. Saímos á rúa na procura daquelas imaxes que nos permiten atopar respostas a preguntas que sempre temos presentes.

Neste libro, Rafael Argullol indaga na identidade e na memoria para tratar de recuperar os pequenos momentos que dan verdadeiro sentido á nosa existencia.

Para ler de vagar en noites de insomnio.