“Ás veces non hai nada que dicir. Ou haino, pero o momento non é o oportuno. As pausas e os tempos mortos son tan importantes coma os períodos de produción. A expectación contemplativa e o silencio axúdanche a manter abertos os ollos e os oídos, para que se vaia filtrando por eles o material. A escritura é unha forma de mirar e unha forma de escoitar. A escritura é unha forma de estar no mundo. É dicir: unha forma de vivir, de respirar. E de agardar.”
Roger Wolfe
Tiempos muertos / Editorial Huacanamo
Probade a cambiar a palabra escritura por fotografía. Toda unha declaración de principios…
Se queredes ler o texto completo premede neste enlace.