Dende que era neno, sempre que escoito pasar un avión sobre a miña cabeza sinto a necesidade de localizalo. Ao principio non entendía moi ben por que o son chegaba dunha parte do ceo mentres o avión estaba noutra diferente. Agora, tras o paso pola escola, xa sei que o son e a luz se propagan a diferente velocidade, pero eso non impide que siga coa miña teima.
Supoño que é algo atávico. Desexamos romper barreiras e movernos con plena liberdade, ter tempo para descubrir cousas novas e coñecer outros lugares, pero seguimos presos nesta roda infernal na que se convirte ás veces o cotián. Quizá coa nosa vida sedentaria procuremos a estabilidade ou certa seguridade, pero nestes tempos que corren, onde todo semella esvaecerse por momentos, pouca marxe queda para a certeza.
Desta volta tocoume quedar en terra. Se cadra outro día vexo as cousas dende outra perspectiva…