Pasear. Observar. Camiñar a ritmo demorado na procura deses instantes que achegan algo de luz sobre a penumbra. Construír con eses fragmentos cotiáns a miña propia realidade, esa que aparece fugazmente cando pecho os ollos e teima en desaparecer apenas os abro de novo.
Encaixar as pezas. Tratar de comprender…