Marco Polo describe unha ponte, pedra a pedra.
– Pero cal é a pedra que sostén a ponte? – pregunta Kublai Kan.
– A ponte non está sostida por esta pedra ou por aquela – responde Marco – , senón pola liña do arco que elas forman.
Kublai permanece silencioso, reflexionando. Despois engade:
– Por que me falas das pedras? O único que me importa é o arco.
Polo responde:
– Sen pedras non hai arco.
Italo Calvino
As cidades invisibles