PROXECTA 09
Se pasades mañá polo concello de Vilagarcía de Arousa teredes a posibilidade de disfrutar coas actividades previstas para o festival PROXECTA 09.
Logo do éxito da anterior edición, a organización repite convocatoria para tratar de consolidarse no tempo e ocupar un espazo na axenda cultural desta época do ano.
Ás 20:30 h. terá lugar no Auditorio deste concello a inauguración da exposición Our World Now 2, no que poderedes ver unha selección de imaxes dos fotógrafos da Axencia Reuters referidas ás noticias acaecidas durante o ano 2008.
E un pouco máis tarde, ás 22:30 h., comezará na Alameda a proxección nunha pantalla xigante dos traballos dos fotógrafos convidados para esta edición, que son os seguintes:
– Art in Nature, de Miguel Lasa.
– Forced Identity, de Pep Bonet.
– Compostela, un ano de Voz, de Xoan A. Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Paco Rodríguez.
– Peering, da axencia de noticias Agence France-Presse.
– Camboya, de Carlos Rubio.
– Bodas gitanas, de Mónica Vila.
– In Memorian, de Gimena Berenguer.
– A derradeira matanza, de Miguel Muñiz.
– Agora non podemos parar, de José Luiz Oubiña.
– Miedo en los Grandes Lagos, de José Cendón.
– Aus Schmalegg, de Luis Barreiro.
– Individual, de Ramón Vaquero.